Apuntes biográficos/históricosNacido en Padrón en 1596, era fillo dun comerciante marítimo que negociaba con Sevilla, a onde enviaba panos e viño, traendo a cambio aceitunas e outros productos propios de alí. No ano 1611 ingresou na Universidade de Santiago, graduándose primeiro como bacheler en Artes e Filosofía, e obtendo logo, en 1621, o Doutorado en Teoloxía.
Dende un principio da súa carreira conxugou as tarefas académicas coas de dignatario eclesiástico. Foi canónigo da colexiata de Iria e da catedral de Mondoñedo, pero, fundamentalmente, estivo vencellando á cidade de Santiago, onde obtivo, en 1644, a canonxía lectoral da Sagrada Escritura da catedral, ano no que tamén foi nomeado rector da súa Universidade.
O seu rumbo vital habería de cambiar, sen embargo, cando o rei Felipe IV o presentou para ocupar a sé episcopal de San Francisco de Quito, en Perú, a onde chega en 1654. Alí, a instancias dos 'párrocos doutrineiros', escribiría a súa voluminosa obra "Itinerario para párrocos de Indios". Nela, a súa vontade era ofrecer a tales destinatarios unha sólida formación teolóxico-pastoral ' en orde a orientalos con criterio seguro e ben definido na práctica pastoral das súas parroguias'. A obra, que tería ampla repercusión en América e Europa, resulta decisiva para coñecer a situación social e relixiosa da comunidade de españois e nativos. Consta de cinco libros, e foi publicada por primeira vez en Madrid en 1668, sendo logo repetidamente reeditada.
Formas alternativas del nombrePeña Montenegro, Alfonso de la, 1596-1688
Peña Rivas y Montenegro, Alonso de la, 1596-1688
Peña y Montenegro, Alonso de la, 1596-1688
Fuentes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX899264. Consulta o 26.06.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX899264&index=LCNAME&lang=es