Apuntes biográficos/históricosEscritor, político e militar, comenzou os estudios de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Logo abandonaríaos para ingresar no exército animado polo seu tío, o xeneral Latre. Alí obtivo varias condecoracións, destacando a Cruz laureada de San Fernando pola acción no campo de batalla de Beceite. Cando era capitán deixou a carreira militar por diversos ultraxes á figura do seu tío e consagrouse ó xornalismo. Formou parte da redacción do xornal republicano madrileño "El Huracán", onde escribía un folletín, en verso, combatindo ó goberno de Duque de la Victoria. Para evitar a persecución polo delicto de deserción presentouse a Deputado ás Cortes por Lugo, saíndo elexido en 1842 e dende onde mantivo os ideais progresistas que defendera na prensa. Por razons políticas, en 1843, coa instauración da Monarquía, foise a vivir a Sevilla. Ó pouco obtivo a Cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, que exerceu ata 1854. Posteriormente sería nomeado Cónsul xeral en Amberes e en Veracruz, onde faleceu.