Apuntes biográficos/históricosDe familia fidalga, realizou estudos eclesiásticos en Ourense e posteriormente estudaría Filosofía e Letras en Santiago. Exerceu como catedrático en diferentes centros antes de establecerse finalmente en Ourense, onde chegou a desempeñar o cargo de director do instituto da cidade.
Foi o primeiro especialista en redactar unha Gramática gallega (1868), na que introducíu numerosas referencias a outras linguas, como o latín, o grego, o francés ou o italiano. A obra, de referencia na súa época, supón un esforzo sistematizador en defensa da lingua propia de Galicia, razón pola que foi considerada a primeira verdaderamente científica polo profesor Carballo Calero.
A súa labor como autor literario repártese entre a súa obra poética e o seu traballo como folclorista. Como poeta é autor de máis de oitenta poesías de corte clásico e inspiración, polo xeral, de temática relixiosa. Se ben a meirande parte están en castelán, nove delas foron compostas en galego. En relación á súa faceta como folclorista, publicou unha variada serie de materiais, comprendendo vilancicos, coplas, romances, contos, O seu falecemento en 1881 había de interromper esta labor de investigación sobre a literatura tradicional.