Apuntes biográficos/históricosAfamado mestre, estudiou Dereito na Universidade de Santiago ainda que non chegou a licenciarse. Ingresou no colexio Normal Central, onde foi un dos alumnos máis avantaxados, logrando ser nomeado rexente da escola práctica normal. Logo pasaría a ser mestre do mesmo colexio e, despois, director das Escuelas Normales de Zaragoza e Córdoba. Posteriormente trasladárono a Madrid como secretario da comisión inspectora das escolas da Corte e, debido ó seu grande talento e interese no desenvolvemento e fomento da instrucción, foi nomeado Inspector Xeral de Instrucción Primaria. Foi daquela cando fundou a revista infantil La Aurora de los niños e emprendeu, en compaña do seu amigo Mario Carderera, a publicación de varios manuais nesta materia, anovadora naqueles momentos. Con Carderera fundaría a Revista de Instrucción Primaria. Nos últimos anos da súa vida abandonou a ensinanza para adicarse á vida diplomática, chagando a ser Consul de España en distintas cidades de mundo.