(Narón (A Coruña), España, 1887 - Ferrol (A Coruña), España, 1930)
"Euxenio Charlón Arias, nado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) o 14 de novembro de 1887 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 1930, foi un dramaturgo e actor galego. Con catorce anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e entre os anos 1901 e 1906 compaxinou os estudos de Aritmética, Xeometría e Debuxo co traballo de ebanista. Casou en 1911 con Teresa Viñas Varela coa que tivo nove fillos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles, e foi un dos primeiros impulsores do teatro en galego. Gran amigo do seu compañeiro de estudos e profesión, Manuel Sánchez Hermida. Xuntos compuxeron Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro). Ademais, Charlón escribiu en solitario a comedia Carmela e o sainete Tumbos de feira, así como letras para cancións das corais."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal