Apuntes biográficos/históricosMestra e escritora, nacida en Pontevedra onde estuda Maxisterio. Ao graduarse, xerceu nas Illas Canarias, en Castellón e en Galicia.
Colabora nas revistas Vida Gallega e Sonata Gallega. Colabora e mesmo dirixe o grupo Teatro Experimental de Arte. En 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega a proposta de Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e Francisco Vales Villamarín. É irmán do tamén escritor Xoán Vidal Martínez e o seu marido foi o pintor e mestre Marcial Pantín Folgar.