Apuntes biográficos/históricosBenito Rivadulla Pascual, nado en Meirás (Sada), foi un comerciante, xornalista e político galego.
Aprobou o exame de piloto da mariña mercante en 1903. Fundou na Coruña con outros dous socios en 1911 a sociedade Benito Rivadulla y Compañía dedicada ao negocio de comisións e representacións. Emigrante en Cuba, foi redactor de Heraldo de Galicia. Ao seu retorno da illa en 1928 instalouse en Chantada como empregado da sucursal do Banco Pastor na vila. En Chantada foi director do periódico "La Voz del Agro" en 1928, e deixou a dirección en setembro de 1929. Na Segunda República foi elixido bibliotecario da directiva da Asociación Republicana en xaneiro de 1933, presidente do Partido Galeguista de Chantada e militou en Izquierda Republicana. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado por responsabilidades políticas.
Casou en Osedo en 1908 con Elvira Álvarez Nieves, nada en Celanova, que finou en marzo de 1944, e foi pai de Juan e Eloisa Rivadulla Álvarez.