Apuntes biográficos/históricosSábese deste autor que contaba cunha sólida formación humanística e científica, adquirida tras a súa estancia na Universidade de Santiago.
Como dato anecdótico, é posible mencionar que o seu nome consta en documentos nos que se da conta das xustas reais de Valladolid. Estas xustas foron celebradas no ano 1690 por mor da chegada a España de María de Neoburgo, esposa de Carlos II.
Fixou a súa residencia en Madrid, onde publicaría en 1717 a súa famosa obra Compendio de Albeytería, ampliada e reimpresa en 1727.