Apuntes biográficos/históricosLicenciado en Dereito, desempeñou ao longo da súa vida os cargos de xuíz, fiscal e procurador, ademais de dedicarse ao ensino tanto público coma privado. Pertencente ao grupo dos chamados Precursores, toda a súa obra está tinxida pola preocupación no estudo e recuperación da lingua galega. Destaca polo seu case que exclusivo monolingüismo galego e por ser o escritor do primeiro libro significativo no Rexurdimento, A Gaita Gallega.
Trátase dunha obra considerada por algúns de carácter didáctico-propagandístico, con texto trilingüe en latín, castelán e galego. A súa intencionalidade é triple: iniciar aos non galegos no estudo do idioma galego, incitar aos galegos ao seu uso, e defendelo considerando que tiña unha categoría igual á do castelán, o francés ou calquera outra lingua. Con iso fáise eco das ideas de Sarmiento, respecto da súa riqueza e expresividade. En palabras de Carballo Calero "é ademais unha sorte de apoloxía xeral de Galicia e un alegado patriótico".
Prolífico poeta, deixounos un amplo conxunto de poemas, entre eles o longo poema narrativo Contos da aldea que parecen historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea (1858). Foi colaborador habitual de prensa, especialmente nos xornais El Pais e La Perseverancia.
Formas alternativas del nombrePintos Villar, Juan Manuel, 1811-1876
Pintos Villar, Xoán Manuel, 1811-1876
Pintos y Villar, Juan Manuel, 1811-1876
Pintos Villar, Xuan Manuel
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 28.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3865