(Santiago de Compostela, España, 1833 - A Coruña, España, 1918)
Apuntes biográficos/históricosJosé Pérez Ballesteros naceu en Santiago de Compostela o 30 de xullo 1833 e morreu na cidade da Coruña o día 30 de outubro de 1918. Cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na universidade compostelá. Dedicouse ao estudo do folclore, á composición literaria e ao ensino, chegando a ser a ser director do Instituto de Bacharelato da Coruña, onde se fixo cargo, desde 1865, da cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética. Foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, na que ocupou o cargo de tesoureiro. Entre os anos 1885 e 1886 publica os tres tomos da súa obra máis destacada, o "Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña".
Formas alternativas del nombrePérez Ballesteros, José María
Pérez Ballesteros, José, (1833-1918
Pérez Ballesteros, José
Pérez Ballesteros, Xosé
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 29 de decembro de 2014. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3763
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX949007. Visitado o 29 de decembro de 2014.