Apuntes biográficos/históricosEnxeñeiro industrial da Compañía Telefónica. Nos anos dez foi director da Oficina Técnica de Lugo. Dirixiu na Coruña o semanario Región Gallega (1924) fundado por José Miñones Bernárdez, fundou e dirixiu a revista Galicia (1924-1926) e a súa continuadora Galicia Gráfica (1926-1929). En 1930 estaba destinado en Sevilla; en 1936 era inspector provincial de traballo en León e en abril dese ano foi nomeado inspector provincial de traballo da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Prisión provincial de Salamanca. Xulgado na Coruña por rebelión, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi separado definitivamente do servizo como inspector de traballo en 1938.