(Santiago de Compostela, España, 1857 - Santiago de Compostela, España, 1938)
Apuntes biográficos/históricosArquiveiro municipal en Santiago de Compostela, así como dos arquivos catedralicio e de protocolos. Colaborador no Boletín da Real Academia Gallega, institución da que foi membro fundador, e noutros xornais, como El Eco de Santiago e La Patria Gallega, foi tamén fundador de El Organillo.
Dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos, realizada en 1923. Pertencía á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e era correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.