Apuntes biográficos/históricosXosé María Álvarez Blázquez e o seu socio, Luis Viñas Cortegoso, co que fundara dous anos antes a «Almoneda Monterrei» -a libraría de vello situada no número catorce da viguesa rúa de Pi e Margall (entón General Aranda)-, crean en 1950 Edicións Monterrei.
Monterrey creouse para fomentar a edición de textos históricos en galego ou relacionados con Galicia e a publicación de nova creación literaria en lingua galega. Nos dez anos en que estivo activa (1950-1960), a editora lanzou tres coleccións distintas e un total de dezaoito títulos.
As coleccións editadas foron:
Beatus Jacobus. Libros en castelán de temática relacionada con Galicia.
Leixado do vento. Libros en galego.
Frol e froito. Novas propostas da narrativa en lingua galega.