Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor e xornalista asturiano. Estudiou dereito na Universidade de Oviedo. Regresou a Lois (a súa parroquia natal) alternando a súa residencia nesta parroquia con estancias en Recesende (Castroverde). Dedicouse á investigación histórica e arqueolóxica desas comarcas. En 1901 fundou e dirixiu nas Figueras (Castropol) o quincenal La Comarca del Eo e colaborou en Las Riberas del Eo. Empregou os pseudónimos Blas Pérez das Campas e Xelos da Forna. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia de Madrid. Wikipedia