Apuntes biográficos/históricosLuciano Taxonera Cabo, finado en Madrid en 1901, foi un impresor, xornalista e escritor galego.
Fillo do impresor ferrolán Nicasio Taxonera. Colaborou en La Tranca, foi director de El Diario de Ferrol e colaborou noutras publicacións. En outubro de 1881 estableceuse en Madrid e foi redactor de Izquierda Dinástica. En 1887 fundou e dirixiu Las Provincias Gallegas. Publicou en 1888 El Arsenal de Ferrol. Apuntes históricos y descriptivos.
Foi pai de Luciano Taxonera Vivanco.
Galipedia