Apuntes biográficos/históricosHai moi poucos datos deste ilustrador e deseñador gráfico salvo os que aporta a súa propia obra. Sábese que contaba con formación académica regrada porque solicita o ingreso na Escola Especial de Pintura, Escultura y Grabado da Academia de San Fernando en setembro de 1902, e pola súa instancia sabemos que é natural e veciño de Madrid e que estudiou na Escuela Superior Municipal de Niños del Distrito de la Inclusa de Madrid. No rexistro de matrículas só aparecen as dos anos 1904 a 1911 polo que non se sabe o que estoudo antes deses anos. Obtivo medalla nas probas de Paisaxe e Debuxo antigo e ropaxes nos anos 1904 e 1905, respectivamente.
A súa relación con Valle-Inclán comeza na tertulia do Novo Café de Levante pola que pasaban moitos artistas. Luis Alemany retratounos de xeito caricaturesco para a revista Pharos rodeando a Valle. O número que recolleu estes retratos foi o do 4 de abril de 1912, onde non se poden recoñecer todos pero, probablemente, un deles sexa Vivanco.
Comeza a colaborar con José Moya del Pino e Penagos no deseño da colección Opera Omnia da que probablemente ilustrou a cuberta xeral, a coñecida árbore, inda que non se ten certeza absoluta disto.
A partir de 1916 substituiu a Moya del Pino na edición da obra de Valle-Inclán, colaboración que continuou ata os anos vinte do século pasado, cando actualiza as edicións de Opera Omnia cambiando aspectos tanto do texto como da ornamentación.
O seu retrato fantasmagórico de Valle montado nunha llama e fumando a súa pipa de haxix ilustraba o artigo de Ramón Gómez de la Serna, "A personalidade fantasmagórica de Valle-Inclán na homenaxe que se lle adicou na revista La Pluma, na que tamén colaboraba Vivanco. A súa relación con Valle levouno a ser un dos principais activistas na procura de solución á escaseza de papel na industria editorial durante a I Guerra Mundial.
Traballou en El Cuento semanal e El Libro Popular, así como noutras coleccións deste tipo, documentándose edicións súas desde 1910.
Coñecemos polas noticias xornalísticas que tamén foi cartelista. Traballa na colección de Libros de Horas da editorial Biblioteca Corona promovida por Ramón Pérez de Ayala e Enrique de Mesa con capital do banqueiro granadino Miguel Rodríguez Acosta, e coa mesma editorial ilustra unha antoloxía en tres tomos de Rubén Darío.
En 1916 deseña, tamén con Moya del Pino, unha edición da poesía de Pérez de Ayala. Nese mesmo ano decora o libro de Manuel de la Cueva, El alma de Cervantes : libro de pensamientos, máximas y consejos al alcnace de los niños, entresacados de las obras de Cervantes.
Aparece tamén como ilustrador nas coleccións infantís da editorial Renacimiento e dalgunhas capas de Espasa-Calpe, sobre todo en determinados títulos da colección Los Humoristas.
Outro dato biográfico que se coñece e que era representante da firma alemana Weimafarbe dedicada a vender óleos da marca Weimar para pintores.
Formas alternativas del nombreVivanco Calvo, Ángel
Vivanco, A.:
Vivanco, A.:
Fuentes consultadas1. Ángel Vivanco y Ramón María del Valle-Inclán: las artes del libro de Jesús Rubio Jiménez. En: Anales de la literatura española contemporánea, vol. 42, nº 3, Anuario Valle-Inclán (2017), pp 633-672 (publicado pola Siciety of Spanish & Spanish-American Studies)
2. Las cubiertas de los libros de las editoriales españolas 1923-1936: Tese presentada por Alicia García Medina (UCM, Madrid, 2017). En: https://eprints.ucm.es/id/eprint/42477/