Apuntes biográficos/históricosJuan Pla Zubiri, nado en Viveiro o 13 de febreiro de 1874 e finado en Manresa en abril de 1936, foi un rexistrador e escritor galego.
Fillo de Juan Pla Sampedro. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid onde se licenciou. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade e foi destinado á Pobra de Trives en 1905, onde casou con Estrella Cortiñas.
Posteriormente foi rexistrador de Negreira (1908), A Guarda, Xixona, Igualada (1929) e Manresa (Provincia de Barcelona). Colaborou en Heraldo de Vivero e El Vivariense e publicou poemas en Eco de Galicia, Galicia Moderna e Vida Gallega.
Formas alternativas del nombrePla Zubiri, Xoán, 1874-1936
Plá Zubiri, Juan, 1874-1936
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 03 de maio de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3899
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional. XX1380390. Visitado o 03 de maio de 2021