(Nocelo, Baños de Molgas, Ourense, España, 1913 - Ourense, España)
Apuntes biográficos/históricosProfesor e escritor anarquista galego. Entre 1915 e 1928 emigrou a México cos seus pais. Cando volve remata o bacharelato en Ourense e comeza a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Acaba a carreira en Madrid onde tamén traballa como profesor.
Durante a Guerra civil dirixe o xornal Galicia Libre, voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios, e presidiu o I Congreso das Agrupaciones de Gallegos Libertarios, na primavera de 1938. Volve a Galicia cando termina a guerra e abre unha academia, Enseñanzas Gelmirez. Finalmente exerce como avogado en Ourense. As súas poesías publicáronse en xornais, como El Compostelano, e tamén en revistas literarias. Faleceu en Ourense na década dos anos 90 do século pasado.
Fuentes consultadas1. "Samuel Gómez, o poeta anarquista", de Chito Rivas. En: La Región, 27-01-2018 https://www.laregion.es/articulo/ourense/samuel-gomez-poeta-anarquista/20180127151901765164.html
2. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 14 de novembro de 2023 https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/gomez-gonzalez-samuel-1913/