Apuntes biográficos/históricosNacido no seo dunha familia de orixe madrileña e andaluza, sendo moi novo perdeu ao seu pai e a familia trasládase de Ferrol a Toledo onde coñece ao pintor Manuel Domínguez que é quen orienta os seus pasos cara a pintura.
En 1899 gaña unha pensión da Escola de San Fernando para unha estancia na Academia de Belas Artes de Roma, o que lle permite viaxar a outras cidades europeas e coñecer outros estilos pictóricos que tiveron grande influencia na súa obra. Cando volve a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Máis tarde faise con outros galardóns como o da Exposición Internacional de Barcelona ou a de Múnic.
Ao ano seguinte volve a Galicia onde prepara a súa serie de pinturas de tema popular galego moi influenciado pola pintura neerlandesa do século de ouro. Convértese así nun dos precursores da Renovación da arte galega do século XX.
En 1908 marcha a Chile onde chega a dirixir a Escola Superior de Belas Artes de Santiago ata que regresa outra vez en 1915. Considerado o pintor da corte de Alfonso XIII, dirixe o Museo do Prado en diferentes períodos (1922-1931 e 1939-1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1953.
En xullo de 1936 toma partido polos sublevados, e en 1938 é designado alcalde da Coruña e, máis tarde, procurador das Cortes españolas.
Entre as súas obras tamén abundan retratos da vida política e económica do país. Gran parte da súa obra está en América pese á importante colección que permanece na antiga Fundación Caixa Galicia, agora Fundación Abanca
Formas alternativas del nombreÁlvarez de Sotomayor, Fernando, 1844-1912
Álvarez de Sotomayor, Fernando
Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, 1875-1960
Álvarez Sotomayor, Fernando, 1875-1960
Sotomayor, 1875-1960
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o día 26 de marzo de 2024 https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/sotomayor-fernando-1875-1960/