Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor e político galego.
Empregado do Banco Hispano e membro do sindicato da Banca. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1933 Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia, o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, e en 1935 o seu artigo "A raza eurafricana". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, considerado o secretario de organización do PCE. Foi asasinado o 27 de setembro de 1937 con 27 anos. En 1965 a revista Vieiros publicou o seu artigo Ensaio de tipoloxía galega.
Galipedia