Apuntes biográficos/históricosFoi un intelectual e escritor galego.
En 1920 marchou a Estados Unidos de América para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do século XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). Catedrático de instituto en Baeza e Ourense, en 1932 obtivo a praza de catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo.
Experto en mitoloxía e astroloxía (introduciu a Vicente Risco no orientalismo), e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu nos membros da Xeración Nós, especialmente en Otero Pedrayo, cos que compartiu parladoiros e conferencias no Ateneo de Ourense.
Colaborou en La Centuria co pseudónimo de Beta Herculis. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Galipedia