Apuntes biográficos/históricosNacido en Cimpozuelos, localidade próxima a Madrid, en 1623, chegou a Santiaglo en 1649 logo de ser nomeado coengo da Catedral por Bula do papa Inocencio X. En 1657 será nomeado Visitador de Hacienda, e un ano mais tarde desempeñará xa o cargo de Fabriquero, dende o cal impulsará a remodelación exterior -respetando a primitiva traza románica- da Catedral ata o punto de que, para alguns cronistas, xa se presenta como unha construcción esencialmente barroca.
Do mesmo ano 1657 data a súa famosa redacción do 'Informe o memorial sobre la construcción de varias obras en la Catedral de Santiago de Compostela', considerado un dos textos máis relevantes da literatura artística do Barroco español. É preciso sinalar, según Bonet Correa, que a súa de formación artística procedía da arquitectura italiana, que coñecía ben, e das obras que se estaban levando a cabo na Corte, en Madrid
O seu labor foi, fundamentalmente, de concepción estética e deseño, habendo de destacar os proxectoa que elaborou para a fachada e cabeceira da Catedral, así como o deseño do Tabernáculo para a súa capela maior. Os executores, sen embargo, de tales proxectos serían José de la Peña para a remodelación da praza da Quintana, e Domingo de Andrade para o baldaquin, mestres que logo serían relevantes por sí mesmos na transformación arquitectónica da capital espiritual de Galicia.