Apuntes biográficos/históricosJesús Fernández Taboada, coñecido como Celita, foi un comerciante e político galego.
Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Chantada en febreiro de 1924. Cesou no cargo en 1927. Marchou a Cuba, onde contactou con Benito Rivadulla Pascual e Virgilio Ledo Santoandré aos que comprometeu para a creación dun periódico en Chantada. Cando retornou en 1928 fundou o periódico "La Voz del Agro". Volveu novamente a Cuba en decembro de 1930 e retornou en xuño de 1931.