Apuntes biográficos/históricosModesto Prieto Camiña foi un escritor, xornalista e pintor galego.
Foi profesor axudante do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo e membro da Sociedad de Amigos del Arte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado do cargo e inhabilitado. Nun intento de escapar das consecuencias do seu pasado político republicano, participou en febreiro de 1937 nun mitin organizado polo SEU no Cine Odeón de Vigo xunto a Jesús Suevos e Ramón González-Alegre. Colaborou en "Eco de Galicia", "Vida Gallega", "Ideal Gallego", "La Voz del Agro", "Las Riberas del Eo", "Vida Gallega" e "Cultura Gallega". É autor da zarzuela "La princesa del castillo" estreada en Vigo en 1925 e do drama en dous actos "Rosiña", con José Bremón Sánchez, estreado en febreiro de 1936. Foi un dos fundadores do Sindicato Nacional de Escritores Españoles. Nos anos cincuenta residía en Madrid.