Apuntes biográficos/históricosDe orixe vallisoletano e fillo de José Cerezo Ayuso, que fora director do Banco de España en varias provincias, tivo a súa primeira cátedra de Química orgánica na Universidade da Laguna. Máis tarde foi catedrático na Universidade de Salamanca e na de Valladolid.
Casado con María Mir Seguí, maestra menorquina, o seu fillo, José Cerezo Mir, foi catedrático de Dereito Penal da Universidade de Zaragoza, e un dos máis importantes penalistas españois do século XX.