(1930 - )
"Estaba integrada por Pucho Portela, un dos máis prestixiosos vocalistas do momento, un saxofonista negro, un trompetista e o pianista ferrolán Cerdeiriña. Frecuentaron festas, casinos, cafés-teatros e-segundo di Juan L. Cudeiro (1996)-incluso chegaron a inaugurar a mítica pista de El Seijal, en San Pedro de Nós.
Tras a paréntese da guerra civil volven formar a orquestra no 1940. O número de músicos foi aumentando paulatinamente ata formar con doce a mediados desa década. O repertorio musical ía da música clásica de baile ata a zarzuela, pasando por pasodobre e boleros.
Nos anos cincuenta foi a época dourada con tres irmáns Mallo: Antonio, Juan e Daniel, que integraban unha orquestra que imitaba os Big-bang americanos, con catorce músicos. Eran tres acordeonistas-Os Mallo-, catro saxofonistas, tres trompetas, un trombón, contrabaixo e batería. O número central era o trío de acordeonistas.
Incorporáronse tamén máis adiante os vocalistas Pepe e Raimundo Pita.
Nos anos setenta a dirección da orquestra recaeu en Daniel Mallo e posteriormente en Juan Mallo."
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal