(Salcidos, A Guarda, Pontevedra, España, 1801 - Madrid, España, 1879)
"Juan Bautista Alonso Español, nado en Salcidos (A Guarda) o 14 de setembro de 1801 e finado en Madrid o 5 de decembro de 1879, foi un avogado e político galego, membro do Partido Progresista, deputado e senador. Publicou un libro de poesía.
Fillo dun mestre de obras, de neno quedou orfo de nai. Estudou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. En Madrid estivo vinculado ao maxisterio de Alberto Lista e exerceu de avogado. Foi secretario da Academia del Mirto, á que pertencían, entre outros, José de Espronceda, Felipe Pardo y Aliaga e Ventura de la Vega. Mantivo relacións con José García de Villalta, Espronceda, Antonio García Gutiérrez, Patricio de la Escosura e Mariano José de Larra. Foi redactor de El Eco del Comercio e La Abeja. Fundou o periódico El Guirigay con Luis González Bravo e colaborou no Semanario Pintoresco Español.
Foi deputado (entre 1839 e 1866) polas provincias da Coruña, Granada, Madrid, Pontevedra e Lugo e subsecretario do Ministerio da Gobernación con Salustiano de Olózaga.
Publicou, en lingua castelá, traballos xurídicos e, en 1834, o libro de poemas de estética neoclásica Poesías (Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas). Pediu que se declarase á cidade de Vigo capital da Provincia de Pontevedra. Colaborou con varias poesías no Álbum de la Caridad de 1862 ("Mi patria", "Mi cortesana en el campo", "El duelo" e "El regalo campestre"), todas elas xa incluídas con anterioridade en Poesías.
Despois da revolución de 1868 foi presidente do Consello de Estado. Foi senador pola Provincia de Murcia de 1872 a 1873."
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal