(Cee, A Coruña, España, 1639 - Santiago de Compostela, España, 1712)
Apuntes biográficos/históricosDomingo de Andrade foi un arquitecto galego de proxección universal.
Estudou na facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela con intención de ordenarse crego, aínda que se licenciou noutra universidade (posiblemente de Alcalá de Henares ou Salamanca). No ano 1669 era Aparellador Maior da catedral e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras da Catedral. Neste mesmo ano abraiairía a Galicia coa súa primeira construción significativa, se cadra a súa obra mestra: a torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Casou con Isabel Arenas de Canosa pero quedou viúvo en 1700. Logo desta maridanza infrutuosa ordenouse sacerdote e solicitou unha praza no cabido da catedral compostelá, da que era mestre maior desde 1672.
No ano 1700, realizou o Pórtico Real da Quintana buscando unha compatibilidade perfectamente acadada coa torre do reloxo e sen que a profusa ornamentación desentoe do conxunto, antes ben o realza. Na catedral tamén realizou a actual Capela do Pilar, deseñada por el para o seu uso como sancristía.
Son súas a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo.
Volvendo a Santiago, traballou no convento de San Domingos de Bonaval, onde novamente aparecen as sartas de froitas no claustro e onde a contención da fachada trócase en virtuoso alarde na famosa escaleira de caracol.
Como Mestre de Obras municipal hai que salientar a Casa da Parra e a Casa da Conga (a súa obra póstuma ironicamente situada moi preto da que foi a primeira a Torre do Reloxo), na praza da Quintana, así como a Casa das Pomas na Rúa Nova e a casa da praza de Feixóo, onde destacan as escaleiras do interior.
Morreu en Santiago e foi soterrado na catedral.
Galipedia
Formas alternativas del nombreAndrade, Domingo, 1639-1712
Andrade, Domingo Antonio de, 1639-1712
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 1 de abril de 2020. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=265
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX904223. Visitado o 1 de abril de 2020