Apuntes biográficos/históricosMaría Elvira Fernández López, máis coñecida como Maruxa Seoane, viúva de Luis Seoane; nace na rúa San Andrés da Coruña no ano 1912 e morre no ano 2003. Cursa estudios de Mercantil. No ano 1937 casa por poderes con Luis Seoane, que desde que comenzara a guerra estaba exiliado en Bos Aires. Dende o ano 1967 fan algunhas viaxes a Galicia pero será no ano 1979 cando se instalan na Coruña para quedar. Durante toda a súa vida colaborou no traballo de Seoane e nalgunhas das principais iniciativas da cultura galega no exilio, coma o Laboratorio de Formas de Galicia, a editorial Citania, o programa radiofónico "Galicia Emigrante"... A morte do seu home organiza todo o referente a difusión da obra de Luis Seoane; organiza abondosas exposicións tanto en Galicia como en Bos Aires ou noutros países, coordina a doazón das obras a varios museos, participa en actos culturais, na edición de obras dedicadas a Seoane, no proxecto da Fundación Luis Seoane...
Formas alternativas del nombreMaría Elvira Fernández, 1912-2003
Maruxa Seoane, 1912-2003
Seoane, Maruxa
María Elvira Fernández López, 1912-2003
María Elvira Fernández
Maruxa Seoane
Maruxa Elvira Fernández López, 1912-2003
Maruxa Elvira Fernández López
Maruxa Fernández
María Elvira Fernández "Maruxa Seoane"
Maruja Seoane
Seoane, Maruja
Fuentes consultadas1. María Elvira Fernández "Maruxa Seoane" http://emigracion.xunta.es/files/entrevista/2011/12/16253_10140.pdf
2. Maruxa Seoane http://emigracion.xunta.es/es/conociendo-galicia/entrevista/maruxa-seoane
3. Enciclopedia galega Fernádez López, María Elvira