rPAXiNAS ti A LUE GAS DO DIARIO DA GRUÑA «EL NOROESTE^ COA PORTA ABERTA Os que escribimos hoxe EL NOROESTE somos amigos de que as verbas de ofrecemento vayaü seguidas dos feitos reales. Estamos cheos en Galicia de promesas, porque hastra o de agora todbl-os políticos de oficio que por aquí viñerou e todol-os gallegos de léngoa que se meteron n'eses tobos escures da endiañada política, non viviron máis que de promesas e soyo con promesas engayolaban 6s pobos que compre foron e disgraciadamente aínda son us malpocadiños. Vai sendo tempo de que se troquen os moldes vellos, que xa están en descreto, total. Por eso nós queremos dal-o exempro, comenzando por cumprir o que fai poneos días dixemos de ir paseniño, paseniño, n* esta labor de galleguismo fondo e sinceiro que non debe andar en léngoas nin en prumas, sinon que debe estar nos corazós e ñas concencias pra meterse ñas almas y-enterrarse nos espirtos. Imos dispacio por que así chegaremos lonxe. D' este modo non hai medo ós tropezos. ¿Que cál é o ouxeto y-a finalidá d' estas follas en gallego? Dirémolo. Non se trata de grandes cousas nin de trascendentales probremas. Trátase de que a nosa fala melosifia vaya pouquifío a pouquiño ganando tarreo ñas concencias, pra que non haxa gallegos desleigados que se avergoncea de selo e de falar n' esta doce, nl esta meiga léngoa que é «falar das fadas», «idioma en que garulan os paxaros, en que falan os ánxeles ós nenos»... Por estas páxlnas, sin mais pretensiós que esa de inzal-o noso idioma, irán pasando todol-os nomes dos que escribiron y-escriben en prosa gallega e todol-os poetas da térra, que compUñeron os seus versos na nosa léngoa naí, como o grorioso Curros y- o barudo Pondal y-a santa Rosalía. Serán, pois, estas follas probiñas unha colección que, co terapo, figurará entr'as máis enxebres da literatura gallega. Serán pra todol-os que as garden e queiran encuadérnalas, unha compreta Antoloxía d'escritores gallegos, dend'os que están consagrados hastr'os que inda empezan. Cobizamos facer d'estas páxinas una xuntanza agarimosa de xentes vellas e xentes no\as. D'este xeito habará n'elas todo o respeto e toda a ademiración que merecen os nosos crásicos, e toda a proteución e toda a axuda que hai que darlle'ós nosqs principantes. Son chegadol-os tempes en que fai falla sumar todol-os esforzos e todol-os valementos. A nosa obra será eso. Abrlrlle á porta á cantos teñan condiciós pra sentarse a tomal-o sol n'esta humilde solaina da literatura da nosa térra. Goidamos cumprir d'esta maneira un deber de gallegos verdadeiros, e temos por seguro que así faremos unha labor de sinceira Irmandade onde queipan todos. ¡Terra a nosa! ¡Fala a nosa! ELADÍO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ,