Como todos os anos, aínda que este sexa un pouco diferente, o día 2 de abril, conmemórase o Día do Libro Infantil. O IBBY (International board on books for young people) escolleu esta data, que coincide con nacimento de Hans Christian Andersen, co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os más novos.

Galiciana- BDG únese á celebración do Día do Libro Infantil ofrecendo unha pequena selección de contos infantís que se publicaron nos distintos diarios e revistas dixitalizadas no noso repositorio.

Por outra parte e en relación coa literatura infantil, recentemente incorporamos a Galiciana-BDG a revista As roladas: folla dos rapaciños galegos procedente da dixitalización dos fondos da Real Academia Galega. Esta revista infantil publicou o seu primeiro número en 1922 e estaba escrita enteiramente en galego. Púxoa en marcha desde Madrid Ramón Cabanillas, quen nomeou esta publicación igual que a entidade escolar infantil galega que el mesmo impulsaba. Imprimíase en Madrid na editorial Ibérica, foi o primeiro intento de facer unha revista infantil en galego e tivo unha vida moi breve, xa que constou de só dous números correspondentes a maio e xullo de 1922, dispoñibles a texto completo en Galiciana.

 

Desde Galiciana-BDG estes son os cinco contos que seleccionamos para celebrar este día:

El pino: cuento infantil / Andersen
Publicado en: Extracto de literatura : Semanario dosimétrico ylustrado: Ano I Número 28 - 15 xullo 1893
Páxina 1
Páxina 2

Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5

Porque se enmendó Pepita / María B. Quintero
Publicado en: Boletín oficial del Centro Gallego : revista mensual: Ano XI Número 126 - 1923 maio 31
Páxina 1
Páxina 2

Érase que se era / Emilio Canda
Publicado en: Vida gallega : ilustración regional: Ano XXI Número 417 - 1929 xuño 30

Cuento infantil / El "Botones"
Publicado en: El Eco Franciscano : revista mensual: Tomo LII Ano LI Número 991 - 1935 abril 1

Cerca de Reyes / Narciso Díaz de Escovar
Publicado en: El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XLI Número 11707 - 1924 xaneiro 3