Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

Os datos abertos enlazados en institucións da memoria son aínda unha cuestión nova para moitos dos profesionais que traballamos nelas. Por este motivo queremos profundar no coñecemento desta nova tecnoloxía para publicar os datos de bibliotecas, arquivos e museos, o que ademais nos permitirá confluír no enriquecemento da importante información cultural que xeramos.

Mais información en http://www.cidadedacultura.gal/gl