Cartel bs. especializadas

Desde a Biblioteca de Galicia estamos a organizar unha nova xornada técnica baixo o título “Bibliotecas especializadas e Centros de documentación”. Este será o terceiro ano consecutivo no que a Biblioteca de Galicia pon en marcha este programa co obxectivo de mellorar a formación e dar a coñecer outras realidades bibliotecarias aos profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas.

Neste ano 2019 o tema protagonista das xornadas do primeiro semestre serán as bibliotecas especializadas e os centros de documentación. Por elo estarán presentes algunhas das institucións que responden a esta tipoloxía, máis importantes do noso país, como a Biblioteca do Museo do Prado, a Biblioteca do Congreso dos Deputados ou o Centro de Documentación de RTVE. O obxectivo será achegar aos bibliotecarios galegos como son as coleccións que xestionan, que servizos ofrecen, que tipo de usuarios acoden a elas ou que retos deberán afrontar no futuro. Esta nova xornada terá lugar o día 21 de xuño no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia.

Prazas cubertas, para inscribirse na lista de agarda, enviar un correo electrónico á dirección bibliotecadegalicia@xunta.gal.