Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia quere contribuír á conmemoración do Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero, coa creación dun novo  micrositio que recolla o labor como articulista deste autor.

Ricardo Carvalho Calero, ou Ricardo Carvalho Calero, foi filólogo, escritor, mestre de varias xeracións e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo. Todas estas actividades, ademais da súa contribución ao estudo da Literatura galega fan de Ricardo Carvalho Calero unha das figuras máis importantes da cultura galega do século  XX.

Para elaborar o micrositio de Ricardo Carvalho Calero realizouse un baleirado das publicacións periódicas que se atopan dixitalizadas en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia. O resultado dese baleirado é unha colección de 24 artigos pertencentes a publicacións como El Correo Gallego ou La Noche.