Esta xornada pretende ser unha aproximación aos seguintes temas:   

  •     Resumo dos traballos sobre o patrimonio bibliográfico en España.
  •     Visión do estado da catalogación do fondo antigo no resto de Europa.
  •     Coñecer as coleccións de fondo antigo custodiadas nalgunhas das bibliotecas máis importante da Península Ibérica.
  •     Presentar o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia integrado en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

A xornada terá lugar o venres 14 de decembro, entre as 9:00 e as 17:00 horas. Con motivo das obras de remodelación do Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia, nesta ocasión celebrarase no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura.