Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 20 de junio de 1972]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1972]
Descrición física: 1 carta ([2] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada
Resumen: Carta, coa cabeceira do "Seminario de Estudios Cerámicos. Sargadelos", enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane, en resposta á súa do 2 de xuño, confirmándolle a recepción do debuxo para o lateral da "Pía do Xunco" de Sargadelos e o envío dunha carta o día 6.
Envíalle fotocopias de polbos para o fondo e da estrella de mar para os laterais, avísao dun problema coa escala.
Infórmao de que os seus socios non están conformes coa súa intención de ceder a súa parte en Sargadelos e O Castro aos seus fillos, polo que está indignado. Adxúntalle fotocopia da carta que escribiu ó seu fillo Xosé sobre este tema.
Recórdalle que Paco del Riego e el están a esperar pola súa comunicación sobre o libro galego, e asegúralle que en canto poida enviaralle información sobre a exposición de Barcelona.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 6 de junio de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 2 de junio de 1972]. - [1972]
Materia / lugar / evento: Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010
Díaz, Xosé, 1949-
Cerámicas do Castro
Cerámicas de Sargadelos
Seminario de Sargadelos
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal