Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 11 de enero de 1972]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1972]
Descrición física: 1 carta ([3] p.) ; 28 x 22 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotacións ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 85, pp. 411-416
Resumen: Coa mesma data existen dúas cartas. Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo confirmándolle a recepción da súa do día 2, as notas e as serocopias, avisándolle de que non recibiu o libro de Domingo García Sabell, e de que lle escribiu o 28 de decembro.
En canto á nota sobre Jota Blanco Amor, comenta algúns erros e opina que Bergondo quizáis merecera máis.
Infórmao de que está ao tanto da intención de Corredor Matheos de facer unha exposición de arte, deseño, e arquitectura galegas, indicando que, como xa lle comentara en cartas anteriores, é inimigo das exposicións colectivas; polo que considera que o Museo Carlos Maside non debería participar e máis, tendo en conta a súa intención de renovar a vida cultural galega. Pensa que sería mellor dedicarlle unha exposición ao proxecto de Andrés Fernández Albalat da cidade das rías.
Felicítao pola compra do monte para Sargadelos e polo plan de urbanización que deseñaron. Pasoullo ao enxeñeiro Díaz para que proxecte a pileta e él encargarase da decoración que cre que pode facer con pizarra e cerámica, igual que o comedor "Os irmandiños". Ínstao a estudar o problema sanitario que pode acarrear o uso de piletas públicas, á instalación de xogos tradicionais galegos, e un cine que podería instalarse no mesmo local que "Os irmandiños".
Coméntalle que as cartas que Isaac lle envía desde Sargadelos tardan en chegar, polo que debe telo en conta para poder contestarse apropiadamente.
En nota manuscrita fálalle da posibilidade crear un club, "Os irmandiños", para facer xogos ao aire libre, e unha biblioteca con fondos en galego e castelán.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 2 de enero de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 28 de diciembre de 1971]. - [1971]
Materia / lugar / evento: Fernández-Albalat Lois, Andrés, 1924-2019
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Corredor-Matheos, José, 1929-
Cerámicas de Sargadelos
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Arte galega - 20º século - Exposicións
Arxentina - Situación social - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Dereitos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal