Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 3 de noviembre de 1967]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1967]
Descrición física: 1 carta ([2] p.) ; 28 x 22 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotación e sinatura ms. autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 37, pp. 187-191
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo en resposta á súa do 22 de outubro na que comenta que sinte non poder estar á chegada dos Torrellardona e confirma a recepción do catálogo de Formas 1967, do que opina que é un bo catálogo pero considera que a impresión e a fotografía poderían mellorarse.
Alégrase de que, como lle comenta por carta, Sargadelos estea en marcha e de que fixera unha colección para Hogarotel aínda que non coincide no empleo da cor azul.
Maniféstase aliviado ó saber que o diñeiro chegou a Moret e sorprendido pola decisión do directorio de Celtia de aceptar a renuncia que Díaz Pardo lle comentara na carta do 22 de outubro, aínda que considera que pode ser bo para Galicia. Opina que unha empresa galega en Bos Aires non se debe facer con galegos senón con arxentinos e extranxeiros. Remite á súa experiencia en Galicia Emigrante. Considera que os galegos emigrantes soamente cren neses proxectos se pensan que poden sacarlles rendemento económico.
A teor do ocorrido no Centro Gallego pensa que Villamarín os engañóu. Cre que pode haber esperanzas nas próximas eleccións a presidente do Centro Gallego tendo en conta que se tumbaron os últimos proxectos do actual, Ramón Mourente, do que xa falara nas cartas dos días 9 de novembro e 26 de decembro de 1966.
Comenta que o Ballet Gallego actuou no Coliseo de Bos Aires e obtivo moi boas críticas. Compara o escenario co de Coruña, e opina que o de Arxentina é moi superior.
Opina que este ballet, xunto coa editorial Galaxia e as cerámicas de El Castro, son as grandes aportacións da cultura galega, e que as administracións deberían apoialos.
Pídelle que o elimine do compromiso de expoñer en Don Quixote porque non lle gusta o lugar, tampouco as exposicións colectivas e heteroxéneas. Prefire aproveitar os seus cadros para unha exposición a finais de 1968, ou principios de 1969, en Juana Mordó en Madrid.
Manifesta que non ten noticias de Paz Andrade sobre o mural que ía decorar en Vigo, e que nestes días non ten ganas de traballar pero que pronto se porá cun proxecto de mural para Bos Aires co tema dos conquistadores dos séculos XVI e XVII.
Inclúe unha nota avisando de que lle vai mandar un artigo sobre o libro de Vilanova para La Voz de Galicia e un párrafo manuscrito de Maruja Seoane comentando, quen recibiu carta de Mimina.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 9 de noviembre de 1966]. - [1966]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Roma, 26 de diciembre de 1966]. - [1966]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 22 de octubre de 1967]. - [1967]
Materia / lugar / evento: Fernández López, María Elvira, 1912-2003 - Correspondencia
Arias de Castro, Carmen, 1921-2013 - Correspondencia
Mourente, Ramón, 1907-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Seoane, Luis, 1910-1979 - Exposicións
Editorial Galaxia
Cerámicas do Castro
Laboratorio de Formas de Galicia
Cerámicas de Sargadelos
Centro Gallego de Buenos Aires
Galicia Emigrante (Bos Aires. 1954)
La Voz de Galicia (A Coruña. 1882)
Arxentina - Situación social - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Fernández López, María Elvira, 1912-2003
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Dereitos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal