Album literario : Revista semanal de literatura, ciencias...

Enlace persistente
MARCXML Dublin Core RDF MODS Cita bibliográfica BibTeX SWAP METS Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Periódicos e Revistas Hemeroteca Album literario : Revista semanal de literatura, ciencias y arte (1888-189?)    

Sección: Hemeroteca

Título: Album literario : Revista semanal de literatura, ciencias y arte

Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Orense : [editor non identificado], [1888-189?]
Publicación: Orense : Gregorio Rionegro Lozano, [1888-189?]
Fabricación: Orense : La Popular, [1888-189?]

Periodicidade actual: Semanal

Tipo de contido: texto

Tipo de medio: sen mediación

Tipo de soporte: volume

Comezo/Cesamento: Aparece en 1888. Cesa: 6-XII-1891 (Año IV. Nº 201)

Apuntamentos:

É unha das publicacións de maior interese das promovidas por Cid Hermida. Aínda que preferentemente literaria e con ausencia case total de textos sobre temas políticos, pode incluírse dentro da área de influencia do rexionalismo. Así, infroma das actividades da Asociación Regionalista Gallega en Ourense (nº 156) á que pertencían varios dos seus colaboradores. Entre os seus colaboradores vanagloriábase esta publicación ourensá de ter os escritores, poetas, ensaístas e xornalistas máis coñecidos de Galiza, cousa que realmente non foi así. A revista foi unha boa publicación local sen demasiadas posibilidades de acadar altos voos. No entanto, nas súas páxinas aparecen traducións de autores estranxeiros e noticias sobre eles. Por exemplo, Zola é moi habitual nestas páxinas, así como referencias ao naturalismo. Son artigos recollidos de publicacións españolas e francesas que nos dan unha idea do interese desta revista -a diferenza da maioría das súas contemporáneas galegas- polo que sucedía en Europa. As discusións sobre o lugar e os estatutos dos Juegos Florales de Galicia tamén ocupa boa parte deste Álbum Literario.O semanario ofrece textos literarios, poemas, biografías, crítica literaria, etc. Contaba cunha sección fixa de pequenos curtos con información da localidade, que se chamaba "En serio y en broma".

Propietario-director: Luciano Cid Hermida.
Colaboradores: Manuel Amor Meilán, Luis Diéguez Gayón, Heraclio Pérez Placer, Galo Salinas, Andrés Martínez Salazar, Aureliano J. Pereira, Benito Fernández Alonso, etc.
Colaboradores da segunda época: Luciano Cid, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal, Carlos Cano, Benito Losada, Mariano Alcocer, "Belisario", "Plutarco", etc.
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I, p. 155

Materia / lugar / evento: Cultura

Género / forma: Revistas

Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - Ourense - Ourense

Outras clasificacións: 00 GA Pechada

Tipo de publicación: Periódicos e Revistas Periódicos e Revistas

Exemplares:

Universidade de Santiago de Compostela
Sinatura: PUBLIC.RES.C 62

Comprende:

año 32:n. (9:sept.1888) - año 165:n. (29:marzo 1891)

Ver números desta publicación Ver números desta publicación