Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Los guerrilleros por la religión, la patria y el Rey (A Coruña. 1813)
Título: Los guerrilleros por la religión, la patria y el Rey o Diario polémico-religioso de la Coruña
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: [Coruña] : [editor non identificado], 1813
Fabricación: [Coruña] : En la Oficina de Don Francisco Cándido Pérez Prieto, [1813]
Fabricación: Coruña : Oficina del Exacto Correo, 1813
Descrición física: volumes ; 20 cm
Periodicidade actual: Diaria
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: n. 1 (1 feb. 1813)
Cesa en 1813
Apuntamentos: Fundador-director: Fr. Nicolás de Castro, Fr. Manuel Martínez.
Colaborador: Fr. Nicolás de Santa María.
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I, p. 17
A numeración é continuada durante as tres épocas da publicación.
Este diario é un caso especialmente singular que nos dá a entender con toda precisión o contraste que existía entre a opinión pública de principios do XIX en Galicia, e a prensa, en certo sentido imposta a este público. É posible que este xornal fose fundado para substituír, durante algunha suspensión, ao "Diario de La Coruña a la Aurora" e que desapareceu ao renovar este último as súas actividades. De carácter político-satírico teñen escaso mérito os seus escritos, pero é curioso, orixinal e útil para coñecer o espírito absolutista daquela época. Unha das súas épocas apenas dura quince días e ten que cae en mans do goberno para poder sufragar gastos debido á mala acollida por parte do público. Vai dirixida exclusivamente a "relixiosos patriotas" ou a todos aqueles que pensando como relixiosos estean dispostos a deixarse asimilar pola doutrina que marca o diario. Eses relixiosos patriotas son exactamente misioneiros guerrilleiros que obedecen a unha disciplina tan ríxida e xerarquizada como a representada polas ordes militares (o autor da publicación dicía que era soldado). A segunda época dura apenas quince días e o diario respondía a un plan estratéxico de elite máis que a unha empresa de carácter lucrativo. A terceira etapa abre con subscricións na Coruña, Santiago, Tui, Ourense, Lugo, Mondoñedo e Ferrol.
Descrición baseada no: n. 1 (1/02/1813)
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - A Coruña - A Coruña
España - Galicia - A Coruña - A Coruña
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal