Chan : la revista de los gallegos

Enlace persistente
MARCXML Dublin Core RDF MODS Cita bibliográfica BibTeX SWAP METS Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Periódicos e Revistas Hemeroteca Chan : la revista de los gallegos (1969-1971)    

Sección: Hemeroteca

Título: Chan : la revista de los gallegos

Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Santiago de Compostela : Chan, 1969-1971
Fabricación: [Santiago de Compostela?] : [impresor non identificado], 1969-

Descrición física: 38 números : ilustracións ; 31 cm.

Periodicidade actual: Mensual dende o N. 31 (xullo 1970)

Periodicidade anterior: Quincenal

Tipo de contido: texto

Tipo de medio: sen mediación

Tipo de soporte: volume

Comezo/Cesamento: N. 1 (22 feb. 1969)-n. 38 (xullo/ag. 1971)

Apuntamentos:

O primeiro número apareceu o 22 de febreiro de 1969, dirixida por Raimundo García Domínguez "Borobó". Publicáronse 38 números en dous períodos diferentes: os 33 primeiros, entre febreiro de 1969 e setembro de 1970, saíron publicados con periodicidade quincenal, con Jesús Tobío como subdirector e redactor xefe. Logo dun tempo retomouse a publicación en marzo de 1971, con periodicidade mensual e baixo a dirección de Fernando Ónega.

Segundo explica José Fernández Ferreiro no primeiro artigo da sección "Obradoiro", o obxectivo de Chan era dar continuidade á publicación compostelá La Noche, publicada entre 1946 e 1967. A propia sección de Fernández Ferreiro en La Noche foi continuada por Borobó con Anacos. Tamén buscaba relación coa revista barcelonesa Destino para buscar novos públicos máis alá do sector ligado á Editorial Galaxia e a revista Grial. A publicación estaba escrita en boa parte en castelán, limitándose o galego a certas seccións ou títulos. Segundo dixo Antonio Vilaseca nunha entrevista na propia revista Chan: "Galicia ha de desarrollarse fortaleciendo su personalidad, pero sin que ello signifique una renuncia al castellano".

Os seus contidos incluían desde a política do momento asociada con Galiza á cultura de masas, pasando pola economía, os problemas de infraestruturas da sociedade galega, o humor ou a política internacional antiestadounidense. No eido cultural acollía traballos sobre música, historia e literatura.

Entre os seus colaboradores estaban Manuel Torre Iglesias, Concha Castroviejo, Antonio Odriozola, Avelino Gómez Ledo, Xesús Alonso Montero, Perfecto Conde Muruais, Xosé Ramón Fernández-Oxea, José Fariña Jamardo, Juan Antonio Porto, José Fernández Ferreiro, Manuel Blanco Tobío, Ánxel Fole ou Ramón Otero Pedrayo. Na segunda etapa colaboraron tamén Xesús Pérez Varela, Xosé Armesto Faginas, Xesús Rábade, Carlos González Reigosa, Ricardo Carballo Calero e Valentín Paz-Andrade


Suspendida durante: set. 1970-xan. 1971. A partir de feb. 1971: 2ª época.
Textos en castelán e galego.

Materia / lugar / evento: Emigración e inmigración
Galicia

Género / forma: Revistas

CDU: (051)

Números normalizados: DL M 717-1969

Tipo de publicación: Periódicos e Revistas Periódicos e Revistas

Dereitos: In Copyright (InC)

Exemplares:

Biblioteca de Galicia
Sinatura: PUBLIC. 273

Derechos:
     In Copyright (InC)

Comprende:

n.1 (1969:feb.22) - n.38 (1971:jul.)

Ver números desta publicación Ver números desta publicación