Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Caras y caretas (Bos Aires. 1898)
Título: Caras y caretas : semanario festivo, literario artístico y de actualidades
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Buenos Aires : [Caras y Caretas], 1898-[1955]
Fabricación: Buenos Aires : Ortega y Radaelli, [1898-[1955]
Descrición física: volumes : ilustracións ; 26 cm
Periodicidade actual: Semanal
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: Año 1, n. 1 (8 oct. 1898)-[Cesou en 1955]
Apuntamentos: Información extraída da web da BNE:Subtitulado como "semanario festivo, literario, artístico y de actualidades" é a reaparición na Arxentina do título que o emigrado que o emigrado burgalés Eustaquio Pellicer fundara en Montevideo en 1890. A este xornalista e escritor, que aparece aquí como redactor acompáñao nesta nova fundación o debuxante Manuel Mayol, que utiliza o pseudónimo Heráclito, e Luis Pardo. Como director aparecerá Bartolomé Mitre y Vedia, que pronto será substituído por José Sixto Álvarez, conocido co pseudónimo Fray Mocho.Como a súa antecesora, a publicación porteña continuará dedicando toda a súa primeira páxina a unha gran caricatura a cor de personaxes da vida pública, e os seus contidos estarán divididos en seccións, algunhas delas recuperadas da súa etapa uruguai, como Menudencias, e outras novas, como Sinfonía, con debuxos, viñetas e textos en prosa e verso sobre cuestións políticas e sociais. Tamén empezará a incluír fotografías e publicidade comercial. Ao falecer Álvarez en 1903, Carlos Correa Luna asumirá a dirección dunha revista que chegará a ser considerada como a pioneira e representante da madurez do humorismo político arxentino, que utulizará a viñeta como arma contra a corrupción e os gráficos costumistas como crítica da vida cotiá. Xunto ao citado Mayol, os seus principais ilustradores serán excepcionais debuxantes como José María Cao ou Eduardo Álvarez Villalobos.A revista irá aumentando a súa paxinación inicial de 24 páxinas e incluíndo novos contidos, como biografías e bibliografía, crítica e creación literaria e, sobre todo, crónicas e reportaxes do mundo do espectáculo, principalmente o cinematográfico, amparado nunha gran industria arxentina, e de actualidade universal, dedicándolle especial atención a España, Hispanoamérica e á propia Arxentina. A súa evolución até converterse nunha gran revista gráfica ou magazine, sobre todo a partir de 1914, é tan espectacular, que se converte na publicación máis lida dos ambientes urbanos tanto da Arxentina coma do Uruguai, Chile ou Perú na década dos trinta do século XX, en paralelo ao vertixinoso despegue económico arxentino. A súa evolución converteraa nun valioso testemuño da sociedade ilustrada da época. Chegará a publicar en follas de gran tamaño e en tirada á parte caricaturas coloreadas.Se nun comezo entre os seus colaboradores se atopaban Julio Castellanos ou Luis García, conforme evoluciona de revista humorística a gran magazine gráfico de actualidade, irán aparecendo textos de ilustres españois, como Emilio Castelar, Ramón María del Valle Inclán, ou Miguel de Unamuno, xunto a traducións de escritores norteamericanos ou europeos (Thomas Mann, etc.), e colaborarán o máis calificados escritores hispanoamericanos do modernismo, como Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Rubén Darío, José Enrique Rodó ou Roberto Payro (Jorge Luis Borges intentou publicar nela tamén en 1918). A estes contidos uniránselle crónicas e reportaxes de actualidade internacional, de modas, deportes ou de sociedade, así como narracións ou novelas curtas. A revista abirá as súas páxinas a toda unha xeración de xornalistas e xoves escritores que sobresairán nas letras arxentinas e a sinaturas como as de Pablo Suero, Antonio Castro Leal, Elvira Ferreira, Raúl P. Osorio, Guillermo de Loja ou Sady Zañartu.Foi unha das poucas revistas do mundo que publicou grandes e numerosas reportaxes de actualidade, como a caída da monarquía e a proclamación da república española en 1931 ou a toma do poder de Hitler na Alemaña e o inicio da Segunda Guerra Mundial, cun vasto material fotográfico e textos de alta calidade. A súa publicación será abundantísima, reflexo da sociedade consumista dunha Arxentina próspera, e a súa paxinación superaba nos últimos anos o cento de páxinas.De 1898 a 1939 publicou un total de 2.139 números. Publicouse unha segunda época, entre 1951 e 1955.
Fundador: Jose S. Alvarez
Descrición baseada en: ano XVI, n. 757 (5 abr. 1913)
Reprodución electrónica. Santiago de Compostela : Biblioteca de Galicia, 2009
Género / forma: Revistas satíricas e humorísticas
Nome xerárquico de lugar: Arxentina - Bos Aires
Arxentina - Bos Aires
Outros autores: Álvarez, José S.
Valle-Inclán, Ramón del, 1866-1936
CDU: (051)
82-7(05)
Números normalizados: ISSN 0327-6384
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Comprende:
año 16:n.757 (5:abr.1913) - año 41:n.2086 (24:sept.1938)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal