Sección: Hemeroteca
Título uniforme: El buscapié (Pontevedra. 1866)
Título: El Buscapié : periódico satírico de noticias y anuncios
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: [Pontevedra] : Esteban Sanz, 1866-[1868]
Fabricación: Pontevedra : Imprenta del Siglo, [1866-1868]
Descrición física: 118 números ; 47 cm
Periodicidade actual: Semanal, publícase os sábados, 1867
Periodicidade anterior: Semanal, publícase os domingos, 1866-1867
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: Año 1, n. 1 (6 mayo 1866)-Año III, n. 118 (1 agosto 1868)
Apuntamentos: Redactores e colaboradores: empregaban con frecuencia un pseudónimo (El Consabido, Saca-Trapos, El Buscapié, La Sombra, El Diputado Local). Posiblemente detrás destes sobrenomes estiveran os que se coñecen como fundadores e redactores do xornal Luís Rodríguez Seoane, Claudio Cuveiro e Joaquín Buceta Solla. Máis tarde colaboraron tamén José Benito Juncal e Nicanor Rey Díaz.
Secretario de redacción: Celestino Núñez.
Variacións no subtítulo: "periódico satírico y de intereses generales" (partir do n. 2, 13 mayo 1866), "periódico semanal de intereses generales" (a partir de ca. n. 29 , 18 nov. 1866).
Na súa segunda etapa publicou unha revista de carácter festivo titulada "El Aguinaldo" para agasallar os abonados. O seu primeiro número (e posiblemente o único) saíu na noiteboa de 1867.
Tivo discusións con outras publicacións da época, sobre todo co científico-literario pontevedrés El Progreso, co que compartía redactores. Tamén polemizou co semanario La Revista da mesma cidade.
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (1990-1995), t. I, p. 150
Referencias: Wikipedia. Visitada o 26 de maio de 2025. https://gl.wikipedia.org/wiki/El_Buscapi%C3%A9_(Pontevedra)
Contén números extra.
Na primeira etapa tivo un carácter festivo, ridiculizando determinadas necesidades sociais e locais. Tivo unha segunda etapa a partir do 4 de novembro de 1866, na que deixou a un lado o seu ton festivo para tornarse nunha publicación seria, mantendo esa condición ata o 1 de agosto de 1867. A partir desta data levou como subtítulo Periódico semanal de intereses generales. Malia á súa popularidade en certos medios, o xornal cesou definitivamente pouco antes de comezar o período revolucionario, sacando en total 118 exemplares. El Buscapié encabezaba con noticias estranxeiras xerais e de Galicia, seguía con revista da prensa galega e continuaba con editoriais e producións literarias en prosa. Ademais ofrecía as seccións Variedades, Crónica local, Gacetillas, Charadas, partes telegráficos locais, movementos de buques, Anuncios e Folletín. Tratou temas como a industrialización de Galicia ou a reforma do sistema agrario. En ocasións, cando era censurado, deixaba espazos baleiros en sinal de protesta.
rexistros relacionados: Documento relacionado: Polemiza con. El Progreso : periódico de intereses morales y materiales. - Publicación: Pontevedra : [editor non identificado], 1865
Es suplemento de esta publicación: El Aguinaldo : revista anual, gastronómica, culinaria y de interés particular que El Buscapié regala a sus abonados. - Publicación: Pontevedra : [editor non identificado], 1867
Género / forma: Revistas satíricas e humorísticas
Xornais
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - Pontevedra - Pontevedra
España - Galicia - Pontevedra - Pontevedra
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Comprende:
año 1:n.1 (6:mayo 1866) - año 3:n.118 (1:ago.1868)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal