Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Galicia (Vigo. 1922)
Título: Galicia : diario de Vigo
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Vigo : [editor non identificado], 1922-1926
Descrición física: volume ; cm
Periodicidade actual: Diaria
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: N. 1 (25 julio 1922)
Cesa o 15 de setembro de 1926.
Apuntamentos: Directores: Felipe Lavandeira, Valentín Paz Andrade (os poucos nº).
Redactor-xefe: Manuel Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres.
Redactores: Rafael Dieste, Díez de la Isla, Lago Fontán, Miguel Bezares, J. L. Larrañaga, Fernández Serra.
Administradores: Antonio Risco, Ramón Cabanillas.
Colaboradores: Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Ramón Villar Ponte, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Xaime Quintanilla, Eloy Luis André, José Otero Espasandín, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Xosé Núñez Búa, Fermín Bouza-Brey, Rafael Dieste, Roberto Blanco Torres (Frei Roblanto), Teixeira de Pascoaes, Amor Ruibal, Manuel Antonio, Eugenio Montes, Filgueira Valverde, Basilio Álvarez, Florentino L. Cuevillas.
Existe edición facsímil de Edicións do Castro, 1988, con limiar de Xoán Naya.
Os domingos publicaba un suplemento literario co título de "Letras e Artes", no que colaboraron boa parte da intelectualidade galega da época.
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I, p. 356-357
Referencias: Wikipedia. Visitada o 20 de xuño de 2025.. https://www.wikidata.org/wiki/Q8963360
Suspendida dende finais de 1925 ata mediados de 1926.
Número extraordinario cada 25 de xullo.
Datos del impresor: Para organizar o taller o impresor Manuel R. Moret, trasladouse durante un tempo dende a Coruña a Vigo.
O diario aparece o 25 de xullo, facendo coincidir o seu primeiro número co Día de Galicia. O xornal estaba alentado e apoiado economicamente por Ernesto de Cádiz Vargas, cónsul honorario de Chile na Coruña. No terreo ideolóxico defendeu a autonomía política galega dentro do xogo democrático, así como a militancia na causa das liberdades e das reivindicacións políticas, sociais, económicas e culturais; polo que se refire á concepción técnica, era un xornal áxil e moderno, pretensión que se viu favorecida coa contratación de noticias da axencia "Febus" e que queda manifestada na editorial do primeiro número: "Queremos ofrecer ao público un novo tipo de publicación diaria, que veña a ser como unha viva síntese informativa de canto deba propoñerse ao alcance do coñecemento popular e, á vez, unha tribuna aberta a todas as nobres pugnas ideais onde os mantedores solventes de pensamentos e opinións han de ser acollidos con igual trato de liberdade e cortesía". É de destacar o cadro de persoal de colaboradores habituais, entre os que cabe destacar a Miguel Rodríguez (que introduciu a crítica musical na prensa galega); a Ramón Cabanillas, que publicaba "cantigas humorísticas" e a Vicente Risco, que escribía a sección máis famosa do diario: "Leria". Cada 25 de xullo publicaba un número extraordinario no que, alén dos colaboradores habituais, dábanse cita importantes figuras da cultura. O idioma predominante foi o castelán, pero non escasearon as colaboracións en galego (irmáns Villar Ponche, Castelao, Risco, etc.). Sostivo unha enconada competencia con "El Pueblo Gallego", fundado por Portela Valladares, malia que coincidían en moitas cousas. No aspecto literario son de destacar, alén das "Páxinas Literarias de Galicia", a publicación en Folletín de "O Caballero das botas azuis" de Rosalía de Castro; "Entrou un ladrón" de W. Fernández Flórez; e "A sirena negra" de Emilia Pardo Bazán. Como innovación introduciu a caricatura na prensa (Castelao, Carlos Maside, Manuel Torres, Álvaro Cebreiro e Fernández Mazas). O xornal mostrou un contido europeo, a confección coidábase e os temas eran tratados con profundidade. A opinión era sempre vibrante, decidida e valente. Convértese no terceiro xornal de Galicia cunha tiraxe de 12.000 exemplares. Ao instaurarse a Ditadura de Primo de Rivera, o diario sufriu un sen remate de dificultades, que se concentrarían nunha total falta de liberdade de expresión e que culminou na suspensión gobernativa do 24 de decembro de 1925. Volveu reaparecer, pero desapareceu definitivamente o 15 de setembro de 1926. Castelao publicou no xornal caricaturas baixo o título de "Cousas da Vida", que se fixeron inmensamente populares en case toda Galicia.
Textos en castelán e galego.
Descrición baseada no: n. 1 (25/07/1922)
rexistros relacionados: El pueblo gallego : rotativo de la mañana. - Publicación: Vigo : [FET y de las JONS], 1936-1979
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - Pontevedra - Vigo
Outros autores: Villar Ponte, Antón, 1881-1936
Castelao, 1886-1950
Risco, Vicente, 1884-1963
Paz-Andrade, Valentín, 1898-1987
Bouza-Brey, Fermín, 1901-1973
Cabanillas, Ramón, 1876-1959
Núñez Búa, Xosé, 1897-1981
Losada Diéguez, Antón, 1884-1929
Dieste, Rafael, 1899-1981
Villar Ponte, Ramón, 1890-1953
Manuel Antonio, 1900-1930
Blanco Torres, Roberto, 1891-1936
Lustres Rivas, Manuel, 1888-1936
Quintanilla, Xaime, 1898-1936
Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976
Luis André, Eloy, 1876-1935
Otero Espasandín, José, 1900-1987
Teixeira de Pascoaes, 1877-1952
Amor Ruibal, Ángel, 1869-1930
Montes, Eugenio, 1897-1982
Filgueira Valverde, Xosé, 1906-1996
Álvarez, Basilio, 1878-1943
López Cuevillas, Florentino, 1886-1958
Díez de Isla, José, -1928
Risco, Antón (Martínez-Risco Fernández, Antón), 1926-1998
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Comprende:
n.692 (1925:en.1) - n.850 (1925:jun.30)
Comprende:
n.1 (25:jul.1922) - n.624 (30:sept.1924)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal