Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 25 de julio de 1969]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1969]
Descrición física: 1 carta ([2] p.) ; 27 x 22 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotacións ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 58, p. 273-276
Resumen: Con esta data existen dúas cartas. Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo informándolle da inauguración da exposición de gravados en Montevideo, a pesar dos problemas co transporte que comentaron nas cartas dos días 1, 9 e 14 de xullo; e explicándolle como vai ser o catálogo para o que realizou o prólogo.
Infórmao de que Xesús Alonso Montero e José María Álvarez Blázquez darán conferencias en Bos Aires, nos próximos días, ás que non poderá asistir por falta de tempo. Opina que existe bastante descoñecemento da influencia galega na Arxentina.
Comenta que recibiu as fotografías do mural que Díaz Pardo lle enviou xunto coa carta do 9 de xullo e que está conforme co resultado.
Trasládalle que segue sen ter noticias do mural de Vigo e de Valentín Paz Andrade, como xa lle avanzara na carta do día 27 de xuño, e critica a falta de información.
Confírmalle que leu a carta sobre o tema de Sargadelos da que Díaz Pardo lle falou o 9 de xullo.
Avísalle de que, como lle comentara na carta do día 14, quere contribuir con libros e álbumes para nutrir a sección bibliográfica do Museo de Arte Galego Contemporáneo Carlos Maside que están a proxectar, e que llos mandará a través de Alonso Montero. Opina que tamén deberían manter un arquivo de fotografías de pintura, escultura e gravado de artistas galegos.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 27 de junio de 1969]. - [1969]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Castro, 1 de julio de 1969]. - [1969]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 14 de julio de 1969]. - [1969]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Castro, 9 de julio de 1969]. - [1969]
Materia / lugar / evento: Alonso Montero, Xesús, 1928-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Paz-Andrade, Valentín, 1898-1987
Maside, Carlos, 1897-1958
Álvarez Blázquez, Xosé María, 1915-1985
Cerámicas de Sargadelos
Gravados - Uruguai - Exposicións
Arxentina - Situación social - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Dereitos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal