Cultura gallega : literatura, arte, geografía, gráfica,...

Enlace persistente
MARCXML Dublin Core RDF MODS Cita bibliográfica BibTeX SWAP METS Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Periódicos e Revistas Hemeroteca Cultura gallega : literatura, arte, geografía, gráfica, informativa (1936-1940)    

Sección: Hemeroteca

Título: Cultura gallega : literatura, arte, geografía, gráfica, informativa

Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: La Habana : [editor non identificado], [1936-1940]

Descrición física: volumes : ilustracións ; 28 cm

Periodicidade actual: Mensual

Periodicidade anterior: Quincenal

Tipo de contido: texto

Tipo de medio: sen mediación

Tipo de soporte: volume

Comezo/Cesamento: Cesou en: año 5 , n. 80/81 (feb.,marzo 1940) (cf. BNE, 12/02/2010)
Comezou en: 1936 (cf. BUSC, 12/02/2010)

Apuntamentos:

Director: Adolfo V. Calveiro. Subdirector: Eladio Vázquez Ferro. Xefe de redacción: José Gómez García. Administrador: Jesús Iglesias Surribas. Colaboradores: Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Manuel Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, León Felipe, Gregorio Marañón, Salvador de Madariaga, Ramón Menéndez Pidal, Emilia Pardo Bazán, Ramón Cabanillas, Valle Inclán, etc. Tendencia: republicano, pero co tempo vólvese reaccionario e toma poisicións franquistas. Lingua: bilingüe.Revista ilustrada que abordaba os máis variados temas referentes á Galiza, con seriedade e rigor. Tiña unha sección dedicada ás novas chegadas do noso país e outra referida ás sociedades de emigrantes. Ás veces tamén aparecen informacións sobre actos culturais animados por galegos noutras áreas da América; abundantes fotografías de paisaxes e monumentos; reprodúcense caricaturas feitas por Castelao e por Maside e reprodúcense poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Leiras Pulpeiro, etc.Como noutras publicacións galegas de Cuba destácase a vida e obra de figuras galegas: Marcial Valladares, Pascual Veiga, Valle Inclán, Ramón de la Sagra, Roberto Nóvoa Santos... En 1937 tivo repercusión na Habana a celebración do centenario de Rosalía, esforzo singular desta revista. Leváronse a cabo diversos actos públicos, fíxose unha edición especial e organizouse un concurso literario.Ideoloxicamente mantiña unha clara posición republicana: defendía o Estatuto de Autonomía; afirmaba os valores diferenciais de Galicia; reproducía discursos dos deputados galegos no Parlamento. Criticou, ao principio, os militares sublevados en 1936; deu unha cordial benvida a Castelao, cando este chegou a Cuba en 1938 "en viaxe de propaganda pola causa republicana".A revista pasa por dificultades económicas e veu na súa axuda o reaccionario Diario de la Marina e certos persoeiros que inventaron uns "bonos de gratitude" para soster Cultura Gallega. Cada vez se publica menos en galego; repítese muito a palabra Hispanidade; aparecen biografías que apenas interesan á causa galega; resáltase o "Día de la Raza"; danse novas de Cifesa... En maio de 1939 publica un retrato de Franco. Cultura Gallega acaba sendo unha publicación decadente e híbrida

Director: Adolfo V. Calveiro
Subtítulo do n. 77/79: mensuario regional español de literatura, arte, historia, geografía, gráficos e información de Galicia y de la Colonia Gallega de Cuba
Descrición baseada en: año 4, n. 68/69 (feb.,marzo 1939)
Continuada por: Cultura hispánica: revista mensual de literatura
Reprodución electrónica. Santiago de Compostela : Biblioteca de Galicia, 2009
Reprodución electrónica. Santiago de Compostela : Biblioteca de Galicia, 2018-2020
Publicouse entre 1936-1940
Algúns textos en galego
Dixitalizado. Axudas AMTEGA 2018-2020. RAG

Materia / lugar / evento: Emigración e inmigración
Galicia

Género / forma: Revistas

Nome xerárquico de lugar: Cuba - A Habana
Cuba - A Habana

CDU: 008(460.11)(051)

Tipo de publicación: Periódicos e Revistas Periódicos e Revistas

Exemplares:

Biblioteca Dixital de Galicia
Sinatura: 39 — Apuntamentos: Os orixinais dixitalizados desta publicación están depositados na Real Academia Galega e na Biblioteca de Galicia

Comprende:

año 1:n.1 (1936:abr.5) - año 5:n.80/81 (1:feb.1940)

Ver números desta publicación Ver números desta publicación

 
Accesible a través de