Apuntes biográficos/históricosXeólogo, mineiro e paleontólogo, traballou na corte de Carlos IV e acompañou a Xosé Bonaparte no seu exilio a Francia. De volta na Península, cultivou o debuxo e a pintura baixo a instrucción de Vicente López.
En 1822 titulouse na Escola de Enxeñeiros de Camiños. A súa carreira profesional atópase ligada a proxectos coma o plano das minas de Riotinto ou ao nivelado dende Burgos a Reinosa con destino a un proxecto de canalización. Proxectou asi mesmo, xunto a Francisco Barra, a conducción de augas a Madrid dende os ríos Lozoya e Guadix.
Desempeñou a cátedra de Física do Conservatorio de Artes e foi profesor de Mecánica Aplicada e Laboreo de Minas, así coma inspector xeral do corpo. Nomeado en 1837 Académico Honorario da Academia das Ciencias de Madrid, foi recoñecido o seu traballo coa designación de individuo de mérito das Sociedades xeolóxicas de París e Londres.