Apuntes biográficos/históricosXornalista e escritor. Viviu en París e máis tarde en Madrid. Colaborador do xornal El imparcial ata a súa volta a Pontevedra onde participou na creación da revista El Adelanto e do xornal El Noticiero Gallego. Tamén foi fundador da revista ilustrada Galicia Cómica e redactor en La Voz de Helenes. Colaborou en Crónica de Pontevedra, Galicia Moderna e Diario de Pontevedra. Continuou sendo correspondente de El Imparcial en Pontevedra, así como de La Vanguardia de Barcelona. É autor do libro Arlequinada, de 1894, que contén artigos cómicos.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o día 4 de decembro de 2023 https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/ulloa-varela-torcuato-1863-1946/
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 4 de decembro de 2023. XX1463708