Apuntes biográficos/históricosXunto con Frei Martín Sarmiento foi unha das figuras máis recoñecidas da Ilustración galega. Os seus estudos son fundamentais á hora de achegarse á situación da Galicia do século XVIII. Neles, abrangueu temas moi distintos como a economía, a historia, a xeografía ou a natureza. Cursou estudos en Compostela. Ademais de dominar as linguas clásicas, tamén falaba francés, inglés e italiano. Con tan só vinte anos presentou o seu discurso de ingreso na Real Academia da Historia. A partir dese intre, ocupou varios cargos directivos en distintas asociacións, entre eles o de representante das Xuntas de Goberno en Santiago. Na cidade compostelá tamén colaborou activamente na creación da Sociedade de Amigos do País, ao igual que faría coa de Lugo. Compaxinou esta intensa actividade profesional coa publicación de varios informes e monografías. Nestes documentos o autor detíñase a analizar diferentes aspectos relacionados coa agricultura, a minería, a pesca, a educación, a xeografía e a historia natural. Desafortunadamente, a meirande parte da súa obra permanece aínda inédita, ben por non ter sido publicada, ben por terse perdido.
Formas alternativas do nomeCornide de Saavedra, José, 1734-1803
Cornide de Saavedra, Xosé Andrés, 1734-1803
Cornide Saavedra e Folgueira, Xosé Andrés, 1734-1803
Cornide Saavedra y Folgueira, José Andrés, 1734-1803
Cornide Saavedra, José Andrés, 1734-1803
Cornide, José, 1734-1803
Cornide, Joseph, 1734-1803
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 20.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1226