Apuntes biográficos/históricosRelixioso santanderino, estivo estreitamente vencellado a Galicia, especialmente a Ourense, dende o seu nomeamento como coengo desta cidade no ano 1815. Chegou a esta dignidade tras ocupar diversos cargos en diferentes igrexas e catedrais. Os cambios políticos de 1823 (restauración da monarquía con Fernando VII, rematando o trienio liberal) levárono ó desterro e a se recluir en casas relixiosas. Sen embargo, tras esa época escura para él, finalmente puido retomar a súa actividade profesional con especial empeño. Ascendeu a deán, gobernador eclesiástico e vicario capitular.
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX983113. Consulta o 12.07.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX983113&index=LCNAME&lang=es